• Data de celebración: Sábado 14 de setembro de 2024. A saída da proba será ás 17:00 horas dende a casa do concello de Ribadeo.
  • A retirada dos chips e dorsais será o sábado 14 de setembro de 11:15 a 13:00 e de 15:00 a 16:45 horas na Casa do Concello de Ribadeo
  • O Concello de Ribadeo terá autobuses a disposición dos corredores, que farán continuamente o percorrido As Catedrais (Aparcadoiro) – Ribadeo (Oficina de Turismo vella), polo que cada 15 minutos aproximadamente sairá un autobús. Os autobuses partirán dende ás 14:45 ata ás 16:30 horas, dende a praia As Catedrais hacia Ribadeo (preto da Casa do Concello), os corredores deixaran os seus vehículos nun aparcadoiro que estará sinalado o lado da praia, para unha vez que chegen a meta, saquen a foto de rigor, recollan a mochila (se a deixaron no servicio de gardaroupa) e reciban a súa camisola conmemorativa, ou despois da entraga de premios, vaian no seu coche o Pavillón Polideportivo de Ribadeo para empregar as duchas.
  • Estarán a disposición das persoas participantes os vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (Plano), tanto para cambiarse antes da proba coma para ducharse unha vez finalizada.
  • Recollida e traslado de mochilas de participantes dende a casa do concello ata a praia das Catedrais (Hora tope de entrega das mesmas 16:45 horas).
  • Durante a proba os atletas disporán de varios postos de avitoallamento líquido.

– Avitoallamento: Km. 6,2 (Aprox) Depuradora vella.

– Avitoallamento: Km. 11 (Aprox). Antes da Caseta del Río.

– Avitoallamento: Km. 16 (Aprox). Saída da Cetárea de Rinlo.

  • O chegar a meta, teremos bebidas, barriñas enerxeticas e frutas para as persoas participantes.
  • O límite serán 3 horas, a algo mais de 8.30 ó km. que consideramos oportuno para o bo funcionamento da carreira e poder velar pola seguridade dos corredores.
  • Podes atopar máis info na sección do Regulamento.