1. As persoas participantes correrán polo carril dereito debidamente habilitado para tal fin, sempre obedecendo as indicacions do persoal de carreira que en todo momento estará debidamente identificado.

2. Os únicos vehículos autorizados para seguir a carreira son os acreditados pola organización. Calquera outro vehículo (automóbil, moto, motocicleta ou bicicleta) non autorizado será expulsado da carreira. Non se permite tampouco ningún vehículo de apoio a participantes, en dito caso serán ambos expulsados da carreira.

3. A organización, nos casos que sexan precisos e como medida de precaución, poderá obrigar o/a corredor/a a abandonar a carreira, quedando a organización exonerada de calquera  responsabilidade sobre os danos persoais que poda ocasionar o non acatar por parte do corredor dita orde.

4. Todas as persoas participantes estarán cubertas por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e de accidentes. A organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que durante a participación nesta proba o/a atleta poida causarse a si mesmo/a ou a terceiras persoas. A organización da proba non se fai responsable dos danos ou perxuízos propios e/ou a terceiros que cada participante poida ocasionar.

5. O tempo máximo para finalizar a proba é de 3 horas, para asi poder velar pola seguridade dos participantes.

6. Toda persoa participante polo simple feito de tomar a saída acepta as condicións do presente regulamento.

Podes descargar o Regulamento e a Autorización para menores de 18 anos nos seguintes enlaces: