«Aqui estamos, ante todas e todos vós, para presentarvos a VII edición da Media Maratón Ribadeo – As Catedrais. Porque queremos afianzar a celebración dunha proba moi especial, unha proba que reúne todos os requisitos para converterse nun referente das carreiras populares: por unha banda, un percorrido cómodo, por pistas de terra e asfalto sen grandes desniveis, e por outro, a espectacular beleza natural do litoral ribadense, que, se ben ten como punto culminante a praia de Augas Santas – As Catedrais, non debemos esquecer outros atractivos dos que gozaremos durante a carreira: Pena Furada, a illa Pancha, Cavanardá, A Areosa, Os Xuncos, Os Castros, Illas ou Esteiro. Levade posto un ollo no pulsómetro e o outro nunha paisaxe que non vos deixará indiferentes.
Remontade a subida de Esteiro cos folgos que vos dará saber que estades a un paso da liña de meta mais fermosa do mundo. Atravesadea, parade o crono e respirade. Agora tedes todo o tempo do mundo. Baixade á praia, relaxade as pernas nas augas santas e facedevos a promesa de voltar o ano que vén. As Catedrais agardan por vós.
Saúde.«
Jorge Díaz Freije
Concelleiro de Deportes
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.