INSCRICIÓN ONLINE

A través de Internet na WEB DE CHAMPIONCHIP, ata o 10 de setembro ás 23:59 horas.

Poderase verificar a inscrición dos seguintes xeitos:

  1. Visualizando as listaxes de persoas preinscritas publicadas nas webs.
  2. Recibirase un mail na dirección que se introduciu na conta de usuario/a.
  3. Poderase ver este xustificante accedendo á conta de usuario/a.

As persoas que non finalicen o proceso de inscrición (segundo a mensaxe de aceptación) non estarán correctamente inscritas.

INSCRICIÓN PRESENCIAL

Nas oficinas das áreas de Deportes e Información Xuvenil do Concello de Ribadeo (OMIX), CASA DA XUVENTUDE (rúa Antonio Otero, 15) ata o 10 de setembro ás 14,00 h., achegando os seguintes datos obrigatorios:

  • Nome e Apelidos.
  • DNI con letra.
  • Data de nacemento completa.
  • Domicilio.
  • Club ao que pertence.
  • Se está Federado ou no.
  • Teléfono de contacto.
  • Mail para a confirmación da inscrición.
  • Se está censado no Concello.
  • Talla de camiseta.
  • Empregarás o autobus antes da carreira?

IMPORTANTE

Non se admiten inscricións posteriores ao 10 de setembro. Os chips son persoais e intransferibles e van asociados a cada participante, cada dorsal levará o seu propio chip na parte posterior.