1 As persoas participantes correrán polo carril dereito debidamente habilitado para tal fin, sempre obedecendo as indicacions do persoal de carreira que en todo momento estará debidamente identificado.

 

2 Os únicos vehículos autorizados para seguir a carreira son os acreditados pola organización. Calquera outro vehículo (automóbil, moto, motocicleta ou bicicleta) non autorizado será expulsado da carreira. Non se permite tampouco ningún vehículo de apoio a participantes, en dito caso serán ambos expulsados da carreira.

 

3 A organización, nos casos que sexan precisos e como medida de precaución, poderá obrigar o/a corredor/a a abandonar a carreira, quedando a organización exonerada de calquera  responsabilidade sobre os danos persoais que poda ocasionar o non acatar por parte do corredor dita orde.

 

4 Todasas persoas participantes estarán cubertas por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e de accidentes. A organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que durante a participación nesta proba o/a atleta poida causarse a si mesmo/a ou a terceiras persoas. A organización da proba non se fai responsable dos danos ou perxuízos propios e/ou a terceiros que cada participante poida ocasionar.

 

5 O tempo máximo para finalizar a proba é de 3 horas, para asi poder velar pola seguridade dos participantes.

 

6 Debe facer os exercicios de quencemento con máscara a cal se tirará nos contenedores de lixo colocados nun punto determinado dentro do primeiro kilometro (quen o desexe podera pedir unha máscara quirúrxica no momento de recoller o dorsal)

 

7 Toda persoa participante polo simple feito de tomar a saída acepta as condicións do presente regulamento.

Podes descargar o Regulamento, a declaración responsable COVID (Que debes entregar para recoller o teu dorsal) e a Autorización para menores de 18 anos nos seguintes enlaces: